martes, 26 de febrero de 2013

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!

Aquel día chovera tanto que as nubes xa estaban cansas de botar auga por enriba do mundo. Mirábanse entre elas sen poder falar dicíndose coas palabras do vento que botaban de menos o sol e un pouquiño de calor. Unha delas plantouse en medio das demais e aproveitando a forza do aire que por alí pasaba comentoulles:" Non me favorece nada a cor gris, síntome moito mellor vestida de branco". As demais miráronse non con caras de sorpresa senón con xestos de afirmación, de comprensión e de cansancio. O sol que sempre está escoitou o falar da escura nube e decidiu, sen pedir permiso ningún, que aquel día el luciría, aínda que fose uns intres, para amosar á nube de cor cinza que hai que saber mirar pois, a miúdo, perdemos de vista o que sempre temos. O branco da nube faladora pintou un fermoso ceo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario